logo
SOCIEDADE GALEGA DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA

«A sociedade é xerontofóbica, pero
estamos en débeda cos maiores»

texto : xema aguiar (agn)
FOTO: PEPE FERRÍN (AGN)
Andrés Vázquez (A Coruña, 1957) está á fronte dun colectivo que agrupa máis de 500 profesionais vinculados coa xeriatría e a xerontoloxía nunha comunidade que sabe como poucas o que é o envellecemento. Máis dunha quinta parte da poboación galega supera os 65 anos, e un 7% pasa dos 80.
¿Está preparada Galicia para soster unha poboación tan avellentada? De aquí ao 2060 o envellecemento mundial vai ser exponencial, e a sociedade no seu conxunto non está preparada para recibir un proceso que non se dera antes na historia.
Galicia é a das mellores comunidades para saber que ocorre, porque leva envellecida anos.
¿Está adiantada tamén nos medios para atender o envellecemento?
Niso non. O rural quedou terriblemente envellecido e iso presenta grandes dificultades, porque a dispersión obriga a chegar con servizos moi lonxe. Ademais, a crise píllanos tendo pendente a reestruturación das unidades de xeriatría e da especialidade e completando a rede de servizos sociais, que é boa pero nunca suficiente. Agora aparecen os recortes e paralizamos o proceso. A sociedade ten que ser solidaria co proceso de envellecemento, porque moitas veces ten unha visión xerontofóbica. Estamos en débeda cos maiores, e máis cando hai crise. Os que máis a padecen son sempre os que están no bordo, e aí están os vellos moi vellos con baixas pensións, enfermos e sós polo territorio. Os recortes limitan, por exemplo, o acceso de novas persoas aos beneficios da lei de dependencia.
¿Como lle pode afectar aos maiores?
A lei comezou o seu camiño cun deficiente sistema de financiamento e imos un pouco ás voltas dependendo dos orzamentos. Hai un proceso de envellecemento exponencial e se non incrementamos os orzamentos exponencialmente non conseguiremos atender pola vía da lei todas as necesidades dos dependentes.
¿É asumible para os pensionistas o pago de medicamentos? ¿Pode retraelos de seguir tratamentos?
Penso que pagar oito euros ao mes non vai redundar na saúde. Preocúpame máis neste momento a suba da luz, do transporte público ou da gasolina. O deterioro das súas circunstancias é un cúmulo de factores económicos. E
os maiores galegos teñen as pensións máis baixas do Estado.
¿Hai unha prescrición ou unha adquisición abusiva de fármacos?
Non son os maiores os que receitan. A implantación da receita electrónica en Galicia xerou unha mellor xestión da polifarmacia que moitas veces precisan. Pero melloraría coa incorporación da especialidade de xeriatría no marco médico. Ademais, a racionalización completa da intervención xeríatrica optimizaría mellor o gasto que un copago, que pode ser necesario pero non vai ser dabondo.
¿Os facultativos de medicina xeral non teñen a formación axeitada para tratar as persoas maiores?
Os médicos de Atención Primaria saben de todo, pero non son Dios. Posiblemente teñan que saber cómo derivar os pacientes máis complexos que precisen da intervención do especialista.
¿E por que non a xeriatría? Se o pediatra sabe de nenos, o xeriatra sabe de vellos. Todo complexo hospitalario debería ter un servizo de xeriatría, e en Galicia só o hai no Meixoeiro de Vigo e no Lucus Augusti. O envellecemento está producindo un aumento de enfermidades como as circulatorias ou as neurodexenerativas.
¿Está preparada a sanidade galega para atendelo?
Á sanidade estáselle vindo enriba un problema en número e custos, porque cantas máis persoas maiores, e estas teñan máis idade, hai máis patoloxías crónicas, dexenerativas, cardiovasculares, psiquiátricas ou tumores. A sociedade científica ten por diante un reto, que é cómo envellecer mellor e enfermar menos. O mellor tratamento
é o preventivo, e no caso das patoloxías do envellecementoé que sexa activo. Unha mellor nutrición, actividade física e relación social é importantísimo

____________________________

PREMIO ENTIDADE XERONTOLÓXICA DO ANO

O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Andrés Vázquez, entregou onte na Coruña o premio Entidade Xerontológica do Ano 2011-2012 a Cruz Vermella Española-Galicia. O galardón, que foi recollido pola presidenta da asociación, María del Carmen Colmeiro, é un recoñecemento que a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría outorga cada ano a "aquelas entidades, asociacións ou colectivos que, co seu labor, melloran a calidade de vida das persoas maiores e achegan todo tipo de ferramentas para un envellecemento activo, digno, saudable e distintivo".

________________________________

AULAS DE SAUDE NO CONCELLO DE NOIA

"A SGXX acreditou e participou nas "Aulas de Saude" que o Concello de Noia organizou, A intervención realizada por Andrés Vázquez como Presidente da sociedade tivo relación sobre os coidados as Persoas Maiores, gran afluencia de publico do Concello e bisbarra con moi interesante intervención dos mesmos, clarificaron aspectos importantes do tema central.

___________________________________

Congreso: Camino hacia un nuevo envejecimiento

Publicado el 01 abril 2012 por Alzheimer

La SEGG y la SGXX presentan el Congreso de Santiago que se centrarà en el envejecimiento activo


El 54 Congreso de la SEGG y 24 Congreso de la SGXX, que se va a celebrar entre el 6 y el 8 de junio en Santiago de Compostela, es precisamente “un camino hacia un nuevo envejecimiento” tal y como indica su propio eslogan.
Este encuentro reunirà a más de 2.000 especialistas de toda Europa en el àmbito geriàtrico y gerontològico para analizar, proponer y desarrollar todo tipo de soluciones a las demandas y necesidades del nuevo envejecimiento.
Congreso: Camino hacia un nuevo envejecimientoEn la presentaciòn del Congreso, celebrada el pasado 14 de marzo en Santiago, el presidente de la SGXX, Andrès Vázquez, y la secretaria general de la SGXX, Encarna Àlvarez, dieron màs detalles sobre los contenidos de Congreso.
Asì, una de las sesiones plenarias abordarà las bases biològicas del envejecimiento activo; una segunda los hàbitos de vida, ocio y alimentaciòn y una tercera los nuevos tipos de formaciòn para los profesionales que atienden a los mayores. “La nueva vejez tiene màs demandas que ademàs son diferentes a las actuales. Tenemos que conocerlas, prepararnos y preparar a todos los individuos saber còmo afrontarlas, teniendo en cuenta sobre todo los programas europeos que se estàn llevando a cabo en Europa y en los que tanto la SGXX como la SEGG estamos participando activamente y formar a los nuevos profesionales para cubrir dichas necesidades”, explicò el Dr. Vàzquez.
En el Congreso tambièn se presentaràn nuevas tecnologías para dicho envejecimiento y su aplicaciòn a la vida diaria; un àrea clìnica en el que se presentaràn aspectos patològicos y clìnicos para evitar la enfermedad y la mortandad y un simposio de àrea social y comportamiento con los ùltimos avances e investigaciones sobre la base biològica de la vejez y primordial atenciòn a los centenarios. “Realizaremos tambièn varios talleres de redes sociales y otras herramientas informàticas para profesionales de la geriatrìa y la gerontologìa” concluye Àlvarez, “con el objeto de que enseñen a utilizarlas a las personas mayores”.
Fuente: SEGG

http://es.paperblog.com/congreso-camino-hacia-un-nuevo-envejecimiento-1005312/

________________________________________

REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA

O Mercores 14 de Marzo tivo lugar a reunión da Xunta Directiva da SGXX, no marco do Colexio Médico de Santiago, sede da Sociedade, as distintas vocalías fixeron o relatorio das distintas actividades desenvolvidas e fíxose repaso aos avances da organización do congreso da SEGG e da SGXX, que marcha a bó ritmo grazas ao traballo dos comités científicos e organizador.
O segundo avance de programa está proposto e disposto a sair.

______________________________________

"Presentouse en Santiago o 54 Congreso da SEGG e o 24 da SGXX

A partir do 2045, nin os nacementos nin os procesos migratorios poderán seguir compensando as defuncións.

Así o aseguraron esta mañá en Santiago o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), Andrés Vázquez, e a secretaria xeral, Encarna Álvarez. Ambos foron os encargados de presentar o 54 Congreso da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía e o 24 Congreso da SGXX, que se celebrarán conxuntamente na capital galega do 6 ao 8 de xuño de 2012.

A ESPERANZA DE VIDA, ¿PROBLEMA OU NON?

Para Vázquez, resulta unha "satisfacción" que tanto a esperanza de vida como a súa calidade se incrementasen. "Non ou percibimos como un problema, senón como unha oportunidade", puntualizou Álvarez; "hai que relativizar o valor da xuventude para que os maiores sigan estando presentes, activos".

En todo caso, o presidente da SGXX advertiu de que "o modelo social ten que cambiar", para ofrecer unha maior capacidade de participación "" aos anciáns. "Imos vivir moito máis tempo, polo que teremos que ter un maior espazo laboral, de participación e de interrelación", subliñou.

_______________________________

A SGXX, que representa a España no proxecto Times and Cares, presenta esta semán en Belxica os últimos avances da sua "Guía do Coidador/a" nuha nova reunión de traballo do proyecto Grunvig

Os coidadores de persoas maiores de toda Europa, profesionais ou non, padecen unha grave problemática común: a falta de tempo para compatibilizar coidados e vida persoal, Unha situación que coñecen ben na Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) o único socio español do proxecto europeo "Times and Cares" (Tempo e Coidados) para os coidadores, cuxos integrantes, que se converten así en referencia para todo o continente, Viaxan esta semán a Belxica compartiron xornadas de traballo con profesionais deste ámbito de Galicia, Córsega, Francia, Grecia e Italia na Cuarta reunión que manteñen desde 2010 para atopar solucións no coidado dos coidadores.Ver máis

_________________________________

" A Sociedade galega de Xerontoloxia e Xeriatria fai declarions ao respecto do
estudio da sexualidade dos maiores de California"
" O placer femenino non se arruga"

O pracer feminino non ten idade nin data de caducidade, máis ben todo o contrario, segundo despréndese dunha recente investigación da Universidade de California, que confirma que a compracencia sexual das mulleres aumenta cos anos e que, mesmo, alcánzase sen a existencia de desexo previo ou de relacións íntimas con penetración. É un resultado que non sorprende a xeriatras e sexólogos galegos, a pesar de que as crenzas populares son outras.

O presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontología, Andrés Vázquez Piñeiro, defende tamén a idea de que a sexualidade en xeral (e non só a feminina), tende a mellorar a medida que se suman anos. "As persoas maiores saben que a súa sexualidade segue funcionando.

_________________________________

A SEGG publicou catro guias de grande interese que poñemos tamén a vosa disposición nesta dirección web e mais en documentos na nosa páxina

________________________________

Dende a sgxx vos avazamos o primeiro programa do congreso da segg e da sgxx no 2012, despois dos traballos dos distintos comités, da mesma maneira xa vos enviamos link da secretaría técnica e mais datas claves do congreso.

_______________________________________________

A SGXX colaborou activamente con Afaga na organización das IX Xornadas Profesionais


Celebraronse os días 25 e 26 de novembro na Sala de Conferencias do centro cultural Novacaixagalicia.
Estas xornadas diríxense a todos os profesionais (presentes e futuros) relacionados directa ou indirectamente con as enfermidades neurodexenerativas.
Con estas IX Xornadas sobre a enfermidade de Alzheimer e outras demencias, AFAGA pretende ofrecer un punto de encontro para todos os profesionais relacionados con esta problemática. Unha atención integral e adecuada a tódolos nosos enfermos só se pode conseguir mediante a preparación e sensibilización de todos os axentes implicados.
As xornadas foron avaladas pola sgxx.

__________________________

A SGXX participa como socio no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) "Envellecemento+Activo"



O Mercores pasado tivo lugar a reunión do Comité Directivo para o escomenzo dos traballos organizados e tutelados polo Beneficiario Principal e Xefe de Fila. A Secretaría Xeral de Politica Social da Consellería de Traballo.

 

 

_________________________________

 

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, colaborou activamente co:

I CONGRESO DE ACEDIGA " PROMOCIÓN PARA LA AUTONOMÍA"


que tivo lugar o 18 e 19 do presente mes en Santiago de Compostela. A SGXX doulle o seu aval científico e o Prf. Raimundo Mateos, Vocal da Area Clínica da Xunta Directiva da nosa Sociedade acompañou aos asistentes e organizadores no seu acto de clausura.

_____________________________

 

A SGXX participou no reunión anual da sección de cardioloxía xeriatrica da sociedade española de cardioloxia celebrada este ano en vigo onde interviron geriatras da nosa comunikdade e sociedade cientifica

 


 

____________________________________

«O cambio da pirámide poboacional será desmesurado»

Leer máis...

____________________________________

A SGXX na I Conferência Internacional
Cidades Amigas das Pessoas Idosas

A profesora doutora Dolores Monteagudo, médica e vogal da Sociedade Galega de Xeriatria e Xerontoloxia proferiu a conferencia inaugural sobre o título "Envelhecimento Positivo".

__________________________________

HOXE 21 DE SETEMBRO DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

Link ó blog http://diamundialdelalzheimer.blogspot.com

______________________

INICIO DA ACTIVIDADE POST-VACACIONAL DA SGXX

Despois deste período vacacional de actividade xerontolóxica mais lixeira, comezamos o mes de setembro con moitos ánimos e unha axenda moi intensa que vos lembramos:
O xoves 15 ao serán, como anunciamos na web, a SGXX estará presente e colaborando coa “Reunión Anual de Cardioloxía Xeriátrica en Vigo.
Os Día 21-22 e 23 catro membros, socios/as da sociedade viaxarán a Bélxica para facer reunión de traballo cos socios Europeos do programa: “Times and Cares" (Tempo e Coidados) no proxecto Grundtvig, que levamos adiante dende primeiros de ano.
O día 23 a SGXX participará o través da vogalía de formación e investigación naI Conferência Internacional "Cidades Amigas dos Idosos" 23 e 24 de Setembro de 2011.
Vila Nova de Foz CôaCentro Cultural de Vila Nova de Foz Côa http://www.7cidades.org/
Os días 28,29 e 30 de Setembro como sabedes celebrase o congreso anual da SEGGen Málaga, neste evento presentaremos oficialmente o 54 congreso da SGEE e o 24 da SGXX de Santiago no 2012, teremos un stand e presentaremos o pre-programa que despois de varias reunións concretamos os distintos comités que regulamentariamente se constituíron.
Como vedes comezamos con forza, queda un duro ano de traballo que será asumido de bo grao pois nos mantemos na convicción que redundará nun mellor traballo xeriátrico e xerontolóxico en Galicia.

___________________________________________________

CURSOS DA
"ESCUELA INTERNACIONAL DE GERONTOLOGÍA"

Entre os días 4 e 15 de Xullo celebraranse os Cursos da "Escuela Internacional de Gerontología" que como todos os anos a obra social de Nova Caixa Galicia organiza con contidos de gran interés Xerontolóxico práctico, a SGXX avala científicamente os mesmos é participa activamente neles.

Ë de saliantar que os socios/as da SGXX terán a matricula gratuita con identificarse no boletín de inscripción como tales.

Animandobos a vernos neste vran na Coruña ou en Vigo.

____________________________________________

XXI REUNIÓN ANUAL DA
ASOCIACIÓN GALEGA DE PSIQUIATRÍA

A SGXX foi convidada a participar activamente na XXI Reunión Anual da Asociación Galega de Psiquiatría: COIDA DE MÍ os costes psiquicos do envellecemento que tivo lugar en Vigo os pasados días 24-25 de Xuño do 2011, Participaron como ponentes o prof. Miguel Angel Vazquez o Dr. Fernando Veiga e o presidente da Sociedade D. Andres Vázquez. O encontro tivo un grande interese científico e técnico e abordou a problemática da patoloxía psiquiátrica no proceso do envellecemento

 

________________________
VI XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. APRENDENDO COS MAIORES.
Cabreiros- Xermade

A SGXX a traverso das socias do Concello de Xermade e con especial protagonismo de Dna Manuela Vilaboy Romeu Colaborou coas Xornadas nas que participaron mais de 80 persoas, na charla da Depresión nos Maiores. A Conferencia tivo lugar o Sábado 4 de xuño.as: 10 da mañá.
Charla: A depresión nos nosos maiores Impartida por Fernando Liño Vázquez González (psicólogo na facultade de psicoloxía de Santiago de Compostela).
A conferencia de Fernando percorreu o concepto, os síntomas, os tipos de depresión, e tamén achegou algúns consellos para a prevención e o trato da enfermdedad, tanto para pacientes como para familiares ou persoas que rodean a unha persoa con esta enfermidade.

_____________________________________

A SGXX, que representa a España no proxecto Times and Cares, forma en Santiago a coidadores de persoas maiores de cinco países europeos

Os coidadores de persoas maiores de toda Europa, profesionais ou non, padecen unha grave problemática común: a falta de tempo para compatibilizar coidados e vida persoal, Unha situación que coñecen ben na Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) o único socio español do proxecto europeo "Times and Cares" (Tempo e Coidados) para os coidadores, cuxos integrantes, que se converten así en referencia para todo o continente, compartiron onte en Santiago unha xornada de traballo con profesionais deste ámbito de Galicia, Córsega, Francia, Grecia e Italia na terceira reunión que manteñen desde 2010 para atopar solucións no coidado dos coidadores.

Obxectivos
O Times and Cares, que se integra no proxecto Grundtvig financiado pola Unión Europea e xestionado polo Ministerio de Educación, ten como obxectivos identificar as boas prácticas en apoio aos coidadores familiares no control de tempo, contribuír á creación dunha rede continental de apoio aos coidadores e elaborar solucións para mellorar a súa calidade de vida e das persoas ao seu cargo. Por iso, este grupo de profesionais, que desenvolverá o programa até 2013, está a elaborar unha guía de boas praxes do coidado do coidador, onde se porán en común todos os plans necesarios para lograr tempo libre para os coidadores e un respiro dos coidadores, que segundo Vázquez, están a colaborar a solucionar a problemática do envellecemento agravada coa crise e na que as pezas débiles matiza, son os maiores, aos que hai que coidar pois insiste, é unha obrigación de toda a sociedade e na cal a SGXX, participa coa experiencia e o coñecemento que lle confire a problemática dos coidadores galegos, diferenciada por un gran envellecemento poboacional, a ruralidad e unha ampla dispersión xeográfica que fai que os coidados sexan moito máis custosos.

_____________________

 

 

A SGGX NO PARAGUAI

Membros da SGXX participan activamente no IV congreso ParaguaIo de Xeriatría e Xerontoloxia: "Por una vejez activa y saludable". deste xeito mantemos a colaboración de membros da sgxx con hispanoamérica e as suas institucions xerontolóxicas.

 

 

 

_____________________

Premios da SGXX as mellores comunicacions presentadas ao 23 congreso da SGXX"

Como todos os anos a SGXX a traves do Comité Científico do congreso concedeu os premios as mellores aportacions científicas ao mesmo, só queda felicitar aos perto de 40 equipos de traballo que participaron con investigacions, experiencias e traballos realizados no marco da xerontoloxía e xeriatría en Galicia e Portugal, mención especial para os equipos premiados.

Premio poster:
“A evaluación e utilización de antidepresivos /AD) en un centro sociosanitario (CSS)” de Meizoso López, M. Do centro de persoas maiores de Laraxe, Cabanas, A Coruña, da empresa Geriatros.

Premio comunicación oraL clínica:
“Elección do tipo de imaxe para unha optimización do material na intervención con persoas maiores”, de Mouriz Corbelle, R.: Martins Cordeiro, A.C.; Montoya Carrillo, D.O. e Dosil Díaz, C.; do centro residencial A Veiga, Lancara, Lugo.

Premio comunicación oral social:
“Relación da personalidade resiliente co síndrome de burnout nunha mostra de profesionais sociosanitarios e centros de atención xerontolóxica de Galicia” de Carballo Bouzas, J.A.; Failde Garrido, J.M.; Dapia Conde, M.D., da Universidade de Vigo.

 

______________________________________________________

Participación da Secretaria da SGXX no Seminario Técnico: “Igualdade de oportunidades no apoio ás familias con persoas maiores ao seu cargo”, dentro do Proxecto Europeo Elcanet


A petición do Concello de Cambre, a SGXX participou nun seminario técnico que tivo lugar os dias 4 e 5 de maio, que levou por título: “Igualdade de oportunidades no apoio ás familias con persoas maiores ao seu cargo”, dentro do Proxecto Europeo Elcanet, que versa sobre o apoio familiar nas políticas de atención á persoas maiores.
No marco do mesmo, a Secretaria da Sociedade falou dos índices de envellecemento que ten a nosa comunidade e os servizos que se puxeran en marcha nestes últimos anos e que favorecen as posibilidades de conciliación das actividades familiares e profesionais para ás familias de persoas maiores dependentes.
As outras entidades participantes, foron de Concellos de Italia, Finlandia e Suecia, ademais do Concello de Cambre. Nas súas análises todos estiveron de acordo en que faltaban ferramentas de coordinación entre os distintos servizos e que a fortaleza estaba nunha maior conciencia social da necesidade de políticas de igualdade, para que á atención aos maiores sexa algo compartido por ambos xéneros.

______________________________________________________________

“A FELICIDADE: CLAVES PARA SER FELICES”

A SGXX establecíu un acordo cos Centros Socioculturales de Santiago de Compostela para a celebración de varias conferencias nos seus distintos centros, co tema:
“A felicidade: claves para ser felices”. O público para o quevai dirixido é para as persoas maiores dos distintos barrios da cidade e, como cabe supoñer, prodúcese na charla un intercambio de pareceres do máis interesante co fin de provocar a reflexión de si é posible ou non ten as riendas da nosa propia vida e polo tanto, procurar ser felices mantendo unha actitude optimista e de encontró cos demáis.
Datas de celebración das conferencias: 26 de abril , 6, 25 e 27 de maio do 2011
As conferencias van ser impartidas pola Secretaria da SGXX, Encarna Álvarez Gallego.

 

___________________________________________

I AULA DA SAÚDE do Concello de Noia.

O Concello de Noia a través do seu Concellería de Sanidade e do seu programa de educación para a saúde ven de promover un programa de conferencias destinadas á poboación xeral sobre temas de saúde. Tódalas ponencias teñen relación coa saúde das persoas maiores (oftalmoloxía, medicamentos, incontinencia, osteoporose,…).
Directores docentes e coordinadores do Aula:
Luis Miguel González Seijas. Licenciado en Medicina e Ciruxía. Xefe do Servicio de Xinecoloxía do Hospital da Barbanza.
David Saavedra Pino. Traballador Social. Técnico en prevención de drogodependencias. Concello de Noia.
Un dos seus docentes, Dr. José Mª Dios Diz. Centro de Saúde de Tordoia, representa á SGXX neste evento.

___________________________________________________________

 Historia da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Seguindo coa colaboración coa Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, a Gaceta da SEGG, Publicou no seu ultimo número un artigo sobor da Historia da SGXX na que se recollen aquelas circunstancias saliantables dende 1989 ate o momento actual.
Ler artigo....

 

______________________

SEXUALIDADE NO ANCIÁN

Tivo lugar en Valencia a Xornada sobre sexualidade no ancián, organizada por semer, co propósito de elaborar un documento de medidas de actuación dirixido á poboación xeral e o profesional, que gocen dun amplo consenso entre os asistentes ao mesmo, así como sociedades científicas, entes vinculados á atención do ancián, así como organizacións de familiares e específicas, pois non só se abordou desde o punto de vista xeral da sexualidade a estas idades senón tamén a inclinación/orientación sexual e a demencia desde o punto de vista da sexualidade.
A xornada foi un éxito de participación, asistencia e organización. Todos quedaron emprazados a continuar co traballo que se continuará depurando até lograr o documento definitivo para a súa difusión e que contaremos para iso coas asociacións.
Nela participou activamente a SGXX, xunto coa Sociedade Española de Psicoxeriatría, Sociedade Madrileña de Xeriatría e mais os organizadores do evento a SEMER

_______________________________________

Gran éxito do 23 Congreso da *SGXX

O encontro, que contou cunha xornada de portas abertas para persoas maiores, celebrouse en Santiago de Compostela entre o 29 e 30 de abril

A catedral galega acolleu o último fin de semana do mes pasado "o congreso do achegamento e o contacto coas persoas maiores" tal e como o definiu o presidente da *SGXX, *Andrés Vázquez, ao 23 Congreso da entidade, ante o éxito de participación tanto no aspecto social como no científico. Nese sentido, o encontro celebrou unha xornada de portas abertas para as persoas maiores, que tivo unha grandísima acollida popular, cunha charla sobre calidade de vida neste colectivo senior e un posterior taller de memoria e activación mental aberto ao público que encheu o aforamento da Sala de Estudos de *Novacaixagalicia de Santiago onde se celebrou. O resto do día e durante todo o sábado realizouse o congreso científico na Facultade de Medicina no que participaron máis de 250 profesionais de Galicia e o resto de España así como medio centenar de relatores e expertos. Nos distintos relatorios tratáronse temas tan importantes como a participación do Terceiro Sector na calidade de vida dos maiores, a Atención Social e Sanitaria, os coidados e programas en Xerontología para a prevención da Dependencia exemplificados nos centros de día ou residenciais ou a análise dos coidados dignos e a prevalencia das fixacións físicas na vida diaria das persoas maiores.

____________________________

No día Internacional da saude, a SGXX presentou o seu 23 Congreso “ O coidado un afán compartido” que se adicará aos coidados das Persoas Mayores dende ámbitos diversos da nosa sociedade, e terá lugar en Santiago de Compostela (Facultade de Medicina) o 29 e 30 de Abril

O próximo congreso da SGXX “O coidado un afán compartido” celebrarase durante o 29 e 30 de abril en Santiago de Compostela no Centro de estudos de  Novacaixagalicia e en dependencias da Facultade de Medicina, dous escenarios que permiten a participación de persoas maiores na súa primeira xornada conxuntamente co espazo profesional. Este encontro tratará basicamente tres ámbitos temáticos: a participación do Terceiro Sector nos coidados dos Maiores, a atención sanitaria  e os coidados xerontológicos para  a dependencia, como poden ser os centros residenciais, Centros de día, e outros programas asistenciais.

________________________

A SGXX colabora e participa activamente na I AULA DA SAÚDE do Concello de Noia.



O Concello de Noia a través do seu Concellería de Sanidade e do seu programa de educación para a saúde ven de promover un programa de conferencias destinadas á poboación xeral sobre temas de saúde. Tódalas ponencias teñen relación coa saúde das persoas maiores (oftalmoloxía, medicamentos, incontinencia, osteoporose,…).

Directores docentes e coordinadores do Aula:

Luis Miguel González Seijas. Licenciado en Medicina e Ciruxía. Xefe do Servicio de Xinecología do Hospital do Barbanza.
David Saavedra Pino. Traballador Social. Técnico en prevención de drogodependencias. Concello de Noia.
Un dos seus docentes, Dr. José Mª Dios Diz. Centro de Saúde de Tordoia, representa á SGXX neste evento.

 

______________________

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría participa como socio nun programa Europeo de Educación de Coidadores

PROXECTO:” TIME AND CARERS” de GRUNDTVIG
Socios:
Sud Corse Domicile (Francia),
CID asbl (Belgica),
Sociedade Galega de Xerontoloxia e Xeratria (España),
Municipalité de Ioannina (Grecia),
Associazione PRISMA (Italia).
O final do proxecto é o 30 septembre 2012.
Celebrouse unha 1º reunión á que a SGXX non asistiu, e que foi o 30 de novembro do 2010 en, PORTO VECCHIO en Córcega. Nela plantexáronse os seguintes obxectivos do proxecto “Times ans care” ou tempo de coidado:
Identificar os coñecementos e as boas prácticas a ter polos axudantes familiares ou axuda informal, das persoas que precisan coidados no domicilio.
Contribuír á creación dunha rede de intercambio local e europeo sobre o tema do acompañamento e as distintas facetas que conleva.
Elaborara unha proposta de solucións que favorezan a mellor calidade de vida dos axudantes familiares.
A seguinte reunión vaise celebrar en Italia neste mes de abril no que asistirándous representantes da SGXX.

________________________________________

A SGXX cumplindo co seu proxecto para o 2011 participa con outras institucions e organizacions, por primeira vez, nun programa de financiamento Europeo sobre envellecemento

PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO PARA ATENUAR O IMPACTO DO ENVELLECEMENTO POBOACIONAL
 Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal para a Cooperación e xestión conxunta para a integración socioeconómica e institucional.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E TIPOLOXÍA DO PROXECTO: Promover a utilización conxunta transfronteiriza de equipamentos e servizos sociais, educativos, económicos, culturais, administrativos, deportivos e de ocio existentes no espazo de fronteira. Establecer mecanismos de cooperación nos campos da sanidade e da asistencia e a acción social para reforzar os niveis de cobertura e atención de colectivos sensibles na perspectiva de integración social daspoboacións fronteirizas. Promover e mellorar a eficacia de redes estables de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal, empresarial, social e institucional.

Socios:

Xefe de Fila. Secretaría Xeral de Familia e Benestar (Consellería de Traballo e Benestar).
(Direccion Xeralde Dependencia e Autonomia persoal):
Socio 1. USC
Socio 2. Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Socio 3. Diputación de Pontevedra
Socio 4. Diputación de Ourense
Socio 5. Ministério do Trabalho e da Solidariedade Social.
Socio 6. Santa Casa da Misericórdia de Lisboa. Direcção Acção Social Local Norte.
Socio 7. Municipio do Norte de Portugal
Socio 8. Universidade do Minho

______________________________________________

 

PRESENTACIÓN DA "GUÍA DE FOMENTO DE HÁBITOS SALUDABLES"

A SGXX participou na presentación da "Guía de Fomento de Hábitos Saludables" de MAPFRE QUAVITAE, que tivo lugar o 23 de febreiro en Santiago de Compostela. No acto estiveron presentes ademais do Vicepresidente 1º da SGXX Dr. Javier Pérez Martín, a Directora Xeral de Dependencia de la Consellería de Traballo e Benestar Dona Coro Piñeiro Vázquez, o Director de Area de Operacións de MAPFRE QUAVITAE Don Agustín Lopesinos Sousa e a Concellala Delegada de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela Dona Mar Martín García.
A "Guía de Fomento de Hábitos Saludables" é sinxela e fácil de ler, completa nos seus contidos de interés para os nosos maiores. A guía se estrutura en seteapartados: 1. Cóidate, coida teu corpo, 2. Exercicio físico para todos, 3. Mantén activa túa mente, 4. Evita as caídas, evita os accidentes, 5. Protéxete do frío e do calor, 6. Disfruta dos demais, disfrútate e 7. Recomendacións xerais.

___________________________________________________

CURSOS DE FORMACIÓN

A SGXX, ten abertas lineas de colaboración coa "Escuela de Ciencias de la Salud" para a impartición de cursos de formación de enfermería a través das organizacions colexiais de enfermería galegas, as de A Coruña e mais Lugo xa puxeron en marcha o curso: Atención Integral al Anciano con Demencia. Acreditado polo "Consejo General  de Enfermería y el Consejo Internacional de Enfermería".

Con esta actividade a sgxx quere contribuir ao desenvolvemento da enfermería xeriátrica, pieza fundamental da intervención xeriátrica interdisciplinar.

_____________________________________________________

NOVO LIBRO EDITADO POLA SGXX

A Sociedade Galega de Xerontoloxia e Xeriatría edita a sua terceira publicación "Atención Médica en centros Sociosanitarios", cumplindo cos obxetivos plantexados pola actual xunta directiva.
Trátase neste caso de darlle corpo editorial a un módulo formativo que conxuntamente coa SEMER tense ofertado no 2010 a traverso da Editorial Salud Digital. 
Esta publicación escrita por un nutrido grupo de profesionalcon amplísima experiencia no manexo clínico e interdisciplinar en centros Residenciais e Sociosanitarios da nosa comunidade, aborda temas fundamentais do manexo, clínico, sanitario e recuperador no ámbito institucional e da dependencia.
 E a nosa pretensión coa mesma poñer en mans dos profesionais que o precisen unha ferramenta ou guia básica para mellor coñecer procedementos e grandes procesos da intervención no entorno dos coidados continuados as Persoas Maiores. 
Pensamos que como valor engadido tiñamos que facela nas duas linguas oficiais da nosa comunidade,sabendo da importancia da fala, como medio de comunicación primaria, no entorno da actividade terapeutica, clínica e recuperadora

 
_________________________________________________________________

CAMIÑO DA MEMORIA

.

"A Sociedade Galega de Xerontoloxia e Xeriatría participa na presentación da curtametraxe "Camiño da Memoria" relizada por unha equipa de xovenes profesionais do audiovisual de Vigo, onde recollen de xeito meritorio a sintomatoloxia da enfermidade de Alzheimer.

 
A SGXX fixolle Mención Honorifica no recente congreso da SEMER onde foi proxectado, entendendo a necesidade de que xoves autores do campo audiovisual galego esten sensibilizados por estes problemas socio-sanitarios."

 

_______________________________

 

"IMÁXENES CON IMAXINACIÓN" PRESENTADA EN VIGO

Ata o 15 de Febreiro poderase visitar a exposición "Imáxenes con imaxinación", unha mirada o futuro" no Centro de Maiores Don Bosco de Novacaixagalicia.

__________________________________________________________

O SISTEMA DOS SERVIZOS SOCIAIS A DEBATE

A SGXX participou activamente no simposio O Sistema dos Servizos Sociais a Debate organizado en Lugo pola Diputación Provincial, A Camara de Comercio e mais o IGEA, con grande afluencia de profesionais do sector.

____________________________________________________________

VIII XORNADAS INTERDISCIPLINARES DE FAGAL

A SGXX Participou nas xornadas que FAGAL, realizou este fin de seman en Sanxenxo, en relación a colaboración entre as duas entidades, e ao nomeamento de entidade xerontoloxica do ano a sexx, participou activamente nas xornadas de formación que todos os anos a Federación organiza para mellorar a sua actividade en relación coa xestión e coidados as persoas con demencias en galicia.

 

___________________________________________________

VER MAIS ACTIVIDADES

Outras Novas

Convocadas Eleccións e as Becas para o 24 Congreso da SGXX.

Revista A Saúde com amplo reportaxe
BOLETÍN NOVEMBRO 2011
54 CONGRESO NACIONAL E 24 DA SGXX

web do congreso

PROGRAMA DE LIDERADO

Guías nutricionais de utilidade clínica en pacientes anciáns

Boletín Decembro 2010

Boletín Abril 2010

Boletín Septembro 2009

LIBRO DE COMUNICACIONS
DO 23 CONGRESO DA SGXX

LIBRO DE COMUNICACIÓNS
do 22
Congreso.

Saúda do Presidente.

 

A SGXX no FACEBOOK

NOVIDADES NA PÁXINA DE DOCUMENTACIÓN

 

.© Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. 2009