logo
SOCIEDADE GALEGA DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA
arbol

XUNTA DIRECTIVA


Presidente:
Andrés Vázquez Piñeiro
Tesoureiro:
Cesáreo López Vidal
Vocal Xerocultura:
Rosa María Gómez Fernández

Vicepresidente 1º:
Javier Pérez Martín
Vocal Centros Xerontolóxicos:
Jacobo Rubín Alvarez
Vocal Psicoxerontoloxía:
Manuel Gandoy Crego

Vicepresidente 2º:
Ricardo Cano Pan
Vocal Enfermería:
Jose Manuel Pérez Fernández
Vocal Sección Clínica:
Raimundo Mateos Álvarez

Secretaria:
Encarna Alvarez Gallego
Vocal Formación e Investigación:
Mª Dolores Monteagudo González
Vocal Sección Social:
Iria Pernas Regueira

Clik na foto para coñecelos meior
Ver video de presentación

RESUMO DA REUNION DA XUNTA DIRECTIVA
CELEBRADA O 20 DE OUTUBRO DE 2011


Comeza a reunión ca aprobación á solicitude feita por AFAGA, de avalar as súas IX Xornadas Profesionais sobre o Alzheimer que terán lugar en Vigo os días 22 e 23 de novembro.

Tamén o presidente da conta da invitación á SGXX na participación no I Congreso da Asociación Galega de Centros de Día (ACEDIGA) que terá lugar en Santiago de Compostela no mes de Novembro os día 18 e 19 na Facultade de Psicoloxía.

Antes de nada, o Presidente pon de manifesto o feito de que o próximo ano esta Xunta Directiva remata o período do seu mandato e hai que convocar eleccións.

O resto da reunión xira en torno á organización do 54 Congreso da Sociedade Española de Geriatría y Gerontología (SEGG, en diante)que corresponde ao 24 da SGXX.

Tivéronse ata a data, tres reunións ca SEGG para montar os Comité Organizador e os Comités Científicos. Estes móntase cas vocalías da Sociedade Española e as súas correspondencias cas vocalías da Sociedade Galega. Así quedaría:

1-Comité Clínico: o vogal deste área da SEGG, Dr Domingo Ruíz Hidalgo, xunto as persoas da SGXX, Dr. Raimundo Mateos e Dra. Dolores Monteagudo.

2-Comité Biolóxico: vogal da SEGG, Dna Consuelo Borrás Blasco, vogal da SEGG e don Ricardo Cano Pan da SGXX.

3-Comité de Ciencias Sociais e do Comportamento, Dona Pura Díaz Veiga, vogal da SEGG e Don Javier Pérez Martín, Dna Encarna Álvarez Gallego, Vicepresidente 2º e Secretaria da SGXX.

Con eles (SEGG) hai que traballar a constitución de :

Simposium Clínicos.

Simposium de CCSS e do Comportamento

Simposium Biolóxicos

Tamén o Congreso comprende:

3 Cursos, un por cada área,

-Simposium

-Obradoiros específicos,

-Área Clínica do Congreso:

Cumprindo cos requisitos que a Sociedade Galega ha de ter cos seus socios, tratarase de incluír profesionais representativos de Galicia para a participación no Congreso tales como: Dr. Fernando Veiga, Dr Carlos Rodríguez e Dr Raimundo Mateos. En contacto co Dr Domingo Ruiz da SEGG, cursaráselles invitación para a participación.

Área de CCSS e do Comportamento:

Ca vogal, Sr Pura Día Veiga e ca Vicepresidenta da SEGG, Mª Puerto Gómez, baralláronse posibles temas a tratar tales como: modelos comunicativos en espazos virtuais, redes sociais e envellecemento, etc. Dende a SGXX hai que facerlles chegar propostas. Compre tamén cursar invitación a participar e a propoñer temáticas a tratar, a: Dr. Miguel Ángel Vázquez, ex presidente da SGXX, ao doctor José Millán Calenti catedrático da UDC, e a Don Onésimo Juncos Rabadán, profesor da USC.

Área de Ciencias Biolóxicas:

Pendente de suxerir temas.

Dentro das peculiaridades que é interesante cumpra este Congreso polo feito de realizarse en Galicia, é que toque aspectos propios da nosa comunidade (a dispersión xeográfica, as altas tasas de envellecemento, etc.) e ademais, que veñan representantes da Universidade de Portugal e de Iberoamérica.Faranse contactos neste sentido para convocalos e que podan propoñer algún Simposium, financialo e desenvolvelo.

Igualmente parece interesante a difusión do evento aos Colexios profesionais galegos. Haberá que falalo ca SEGG para ver a súa realización, se podemos otorgar bolsas, premios ás comunicacións, etc.

En definitiva, compre traballar arreo para e ir dando forma a tódalas suxerencias que se vaian tendo.

Sen máis temas que tratar levántase a reunión as 20,30 horas.

 

RESUMO DA ACTA DA ASEMBLEA XERAL
CELEBRADA O DIA 30 DE ABRIL DE 2011 AS 18:30 HORAS NO
23 CONGRESO DA SGXX CELEBRADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

  • Proponse facer para o próximo ano no Congreso da SGXX, así como en convocatorias sucesivas, un apartado de “Relatorios e experiencias” para que podan entrar nel todos traballos presentados como comunicacións que non cumpren o formato de traballo de investigación ou de intervención.
  • Proponse como Socio de Honra a Don Luís Rodríguez Míguez pola súa labor como socio fundador da SGXX. Sométese a votación e queda aprobado.
  • Noméase Entidade Xerontolóxica do Ano á Cruz Vermella ca cal establecerase contacto para poderlle entregar a mención e achegarnos a establecer liñas conxuntas de actuacións.
  • O Congreso da SGXX do ano vindeiro (2012) tal e como xa é sabido, vai coincidir co 54 Congreso da SEGG.. As datas da celebración do mesmo son as de o 6-8 de xuño en Santiago de Compostela.
  • Recolleproposta dun grupo de traballo sobre aspectos nutricionais en Galicia proposta por: D. Javier Pérez Martín, D. Cesáreo López, D. Jose Manuel Fernández.
  • Foi aceptado en asemblea a proposta de que o Congreso da SGXX no ano 2013 realícese en Ponte da Lima (Portugal). O lema será: “Innovacións, desenrolo e divulgación”.
  • Fixéronse públicos en Asemblea os premios outorgados ás mellores comunicacións ao 23 Congreso son:

POSTER:
Mª Isabel Meizoso López: “ La evaluación y utilización de antidepresivos (AD) en un centro sociosanitario (CSS).

COMUNICACIÓN CLÍNICA:
R.Mouriz Corbell; A.C. Martins Cordir; D.O. Montoya Carrillo y C. Dosil Díaz: “Eleccións del tipo de imagen para una optimización del material en la intervención con personas mayores”.

COMUNICACIÓN SOCIAL:
J.A. Carballo Bouzas; J.M. Failde Garrido; M.D. Dapia Conde: “Relación da personalidade resiliente co síndrome de burnout nunha mostra de profesionais sociosanitarios e de centros de atención xerontolóxica en Galicia”.

____________________________________________

Reunión 12 de abril do comité organizador do 23 Congreso da SGXX e da Xunta Directiva da SGXX

 

O Comité Organizador do 23 Congreso da SGXX reuniuse na Facultade de Medicina, sede de tal evento, para rematar os últimos preparativos.

Fíxose o censo de inscricións recibidas ata entón, que coma sempre son escasas ata días antes. Tamén falouse do número de Comunicacións recibidas que por sorte, e como ven sendo habitual, son moi numerosas o que demostra a actividade e inquietudes divulgativas e científicas dos profesionais que se dedican ás persoas maiores en Galicia.

Falouse tamén do número de bolsas solicitadas por parte dos socios/as da SGXX, se ben os prazos de comunicacións e de solicitude de bolsas aínda seguen abertos na data da xuntanza.

Fálase do estado das Mesas e Obradoiros que vanse desenvolver, e de que todo está saíndo segundo o previsto.

Por último, decídese nomearse como membro honorífico ao Doutor Luis Rodriguez Míguez, proposta que será sometida á Asemblea Xeral o día 30 de abril para a aprobación dos socios/as.

 

 

RESUMO DA REUNION DA XUNTA DIRECTIVA
CELEBRADA O 20 DE XANEIRO DE 2011

Faise unha revisión das tarefas realizadas polos distintos membros cara ao Congreso e queda configurado ao detalle con tres mesas redondas e 4 obradoiros, ademais de unha charla inicial.
Quedan a probadas as bolsas para as inscricións e aloxamento ao Congreso en número de 15. O prazo para a recepción das solicitudes é do día 15 de abril. Ese mesmo prazo terase en conta como límite para a recepción de comunicacións.Tamén apróbase os premios a torgar ás mellores comunicacións na modalidade oral: tanto clínicas como sociais, así como presentación tipo póster. O premio será de 600€.
Fálase dos proxectos europeos nos que está incluída a SGXX:

 1º-PROXECTO:” TIME AND CARERS” de GRUNDTVIG
Socios:
Sud Corse Domicile (France),
CID asbl (Belgique),
Sociedade Galega de Xerontoloxia e Xeratria (Espagne),
Municipalité de Ioannina (Grèce),
Associazione PRISMA (Italie).
O final do proxecto é o 30 septembre 2012.

Celebrouse unha 1º reunión á que a SGXX non asistíu, e que foi o 30 de novembro do 2010 en, PORTO VECCHIO en Córcega. Nela plantexáronse os seguintes obxectivos do proxecto “Times ans care” ou tempo de coidado:
Identificar os coñecementos e as boas prácticas a ter polos axudantes familiares ou axuda informal, das persoas que precisan coidados no domicilio.
Contribuír á creación dunha rede de intercambio local e europeo sobre o tema do acompañamento e as distintas facetas que conleva.
Elaborara unha proposta de solucións que favorezan a mellor calidade de vida dos axudantes familiares.
A seguinte reunión vaise celebrar en Italia o próximo mes de abril no que asistirá un representante da xunta directiva da SGXX.

2º PROXECTO:PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO PARA ATENUAR O IMPACTO DO ENVELLECEMENTO POBOACIONAL

 

Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal para aCooperación e xestión conxunta para a integración socioeconómica e institucional.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E TIPOLOXÍA DO PROXECTO:
Promover a utilización conxunta transfronteiriza de equipamentos e servizos sociais, educativos, económicos, culturais, administrativos, deportivos e de ocio existentes no espazo de fronteira.
Establecer mecanismos de cooperación nos campos da sanidade e da asistencia e a acción social para reforzar os niveis de cobertura e atención de colectivos sensibles na perspectiva de integración social daspoboacións fronteirizas.
Promover e mellorar a eficacia de redes estables de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal, empresarial, social e institucional.
Socios:

Xefe de Fila. Secretaría Xeral de Familia e Benestar (Consellería de Traballo e Benestar).
(Direccion Xeralde Dependencia e Autonomia persoal):
Socio 1. USC
Socio 2. Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Socio 3. Diputación de Pontevedra
Socio 4. Diputación de Ourense
Socio 5. Ministério do Trabalho e da Solidariedade Social.
Socio 6. Santa Casa da Misericórdia de Lisboa. Direcção Acção Social Local Norte.
Socio 7. Municipio do Norte de Portugal (ainda por determinar).
Socio 8. Universidade do Minho
Neste proxecto aínda non se celebrou ningunha reunión. Cando comecen os primeiros contactos en ambos proxectos, distribuirase o traballo da asistencia ás reunións polos membros da xunta directiva da SGXX ou ben, nas persoas nas que decídase delegar.

______________________________________________________

Resumo da reunión da Xunta Directiva do 17 de Abril

Acadáronse os seguintes acordos: facer a aprobación dos premios ás mellores comunicación e o mellor poster do XXII Congreso da SGXX. Fíxose unha preparación dos temas a tratar na Asemblea Xeral. Aceptouse a proposta dun dos socios de acreditación da SGXXpara o I Simposium Técnico sobre Centros de Día Xerontolóxicos que leva por título: “Experiencias de Calidad en buenas prácticas e innovación” e que organiza o Área do Departamento de Psicobioloxía do Dpto. de Análise e Intervención Psicoeducativa da Universidade de Vigo.
Plantéxase de novo, a urxencia de eliminar o papel das comunicación entreos socios e que estas sexan por correo electrónico ou páxina web, o que faría aforrar moitos cartos.
Por último infórmase de que temos un novo servizo de gabinete de prensa do cal estamos avaliando a súa eficacia.

RESUM0 DA ACTA DA ASEMBLEA DO DÍA 17 DE ABRIL DE 2010

Na Asamblea Xeral celebrada o día17 de Abril en Sanxenxo, o final do XXII Congreso da SGXX deuse lectura á Acta anterior e o presidente procedeu a ler a memoria de actividades desenvolvidas pola Sociedade, sendo destacable a difusión que se fixo daSociedade a través do taller de “Imaxes con Imaxinación “ que levouse a cabo con a Obra Social de Caixa Galicia e que serviu para promover unha maior comunicación entre os maiores o ser partícipes das imaxes que representan a súa vida de agora.
Tamén destacou as colaboracións que a Sociedadefixo con outras entidades como a Universidade de Oviedo, ca comunidade de Castela-León, ca Universidade de Ponte da Lima, entre outras.
Recolleu expresamente o agradecemento dos socios aos esforzos feitos para que este Congreso tivera o éxito de participación que tivo, e recordou os premios otorgados:

Mellor comunicación clínica: TÍTULO: “Insuficiencia renal no anciá: uso da cistatitina C, Creatina e educacións de Cockroft-Gault, MDRD4 Y MDRD6 para estimar o filtrado glomerular”.Autores: G. Sedano, R. Malfeito, S. Barros, C. Calviño, F. Veiga, M. Penedo. Servizo de Xeriatría. Hospital Xeral- Calde. Lugo.
Mellor comunicación social: TÍTULO: “Jardín gerontológico: el recuerdo a través del movimiento”.Autores: Rubén Grande González, Rosa Mª Almeida Grande.; CAPM Rairiz de Veiga. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Mellor poster: TÍTULO:”Xexún ou non xexún, esa é a cuestión”. Autores: Calvo Mosquera G., González Cal A., Martínez Calvo L., Pérez-Bustamante Hernández P., Vidal Regueira M., Rodríguez Rivas M. C.; Centro de Traballo: C S Serantes.

Para a andina do próximo ano, propón o lema de Ano das relación cas institucións como elemento propicio para desembarcar no próximo Congreso. Queda aceptada a proposta de que este sexa en Santiago e de que o organice a propia Xunta Directiva da SGXX ca colaboración dos socios/as que queiran. Todos os asistentes están de acordo en que, para os futuros Congreso se faga unha maior contención do gasto en comidas e ceas e poder dispor maior cantidade de cartos para os actos científicos.Por último, quedaron aprobados os orzamentos para o ano . En aras de un mellor seguimento, proponse presentar na próxima Asemblea, e así nas sucesivas, o estado de contas de cada Congreso.

REUNION DA XUNTA DIRECTIVA DA SGXX O PASADO 20 DE XANEIRO CON REPRESENTANTES DO COMITÉ ORGANIZADOR DO 22 CONGRESO DA SGXX.


O pasado 20 de xaneiro tivo lugar a reunión da xunta directiva da SGXX co presidente e a secretaria do 22 Congreso da SGXX que vaise a celebrar en San Xenxo, os días 16 e 17 de abril do 2010. Na mesma tratouse de ultimar o programa do congreso de xeito definitivo, facendo fincapé na importancia de axustar os orzamento e o gasto nunha época de crise como a presente para que, sen baixar a calidade do evento, os actos non supoñan un sobre esforzo para ninguén. Tamén falouse da repercusión mediática que está tendo a colaboración da SGXX ca Obra Social de Caixa Galicia, na exposición de “Imaxes con imaxinación”. As distintas inauguracións da mesma están tendo unha boa acollida, tal e como se reflexa no apartado desta páxina web dedicada a medios de comunicación, así como o interese das persoas maiores que asisten ó obradoiro que ten lugar. Ata a data, a exposición itinerante pasou polos seguintes lugares: centro social da Obra Social de Viveiro, de Ferrol e de Ourense.

 

DESCARGAR ESTATUTOS DA S.G.X.X.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA S.G.X.X.


Saúda do Presidente

Estimados/as socios/as:

A SGXX é unha sociedade científica sen ánimo de lucro, que ten como fins fundamentais :
Fomentar e promocionar o desenvol-vemento do coñecemento sobre o proceso do envellecemento humano mediante observacións e investigacións Multidisciplinarias. Dinamizar e impulsar a investigadores e outros profesionais que estuden os problemas da vellez.
Manter relacións científicas e vinculación con asociacións , así como coas institucións universitarias, públicas ou privadas, e calquera outra institución interesada no desenvolvemento da Xeriatría e a Xerontología.
Promover movementos de educación sanitaria e en xeral cantas accions vaian dirixidas a mellorar a calidade de vida das persoas de idade avanzada.
Asesorar e apoiar aos Organismos Sanitarios e Sociais de carácter oficial e a cantas institucións, legalmente recoñecidas ocúpense da vellez en relación cos problemas médicos, sociais e comunitarios que expón o envellecemento.
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría aglutina a profesional de multiples disciplinas que traballan no proceso do envellecemento, e teñen como claves fundamentais de inter-vención coas PPMM: a asistencia universal e integral, a intervención interdisciplinar e a intención activa da mellora da calidade de vida da persoa e a súa contorna familiar e relacional.
Tres grandes temas tentaremos abordar nestes tres anos: atención primaria sanitaria e atención comunitaria social; Organizacións e Interdisciplinaridad; Especialización e Especificación da Xeriatría e a Xerontoloxía.
Sempre tendo como marcos referentes o seguimento da lei da autonomía persoal e a atención xeriátrica especializada de maneira universalizada no territorio galego.
Galicia precisa dun forte impulso en recursos e instrumentos que propor-cionen a un grupo de poboación cada vez mais amplo e disperso, unha adecuada atención integral, tanto xeriátrica especializada como Xerontolóxica e comunitaria.
Dende a Xunta Directiva poñémonos a o voso dispor para recoller as vosas inquedanzas e darlles o pulo necesario para convertilas en realidades cotias.
Unha forte aperta xerontolóxica.

 

.© Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. 2009